Alumnos do colexio Jorge Juan de Narón visitaron a Casa do Concello

Unha vintena de nenas e nenos que cursan educación Infantil no colexio Jorge Juan, de Narón,visitaron na mañá deste martes varias dependencias municipais. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu aos menores no salón de plenos, donde contestou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas co seu traballo no Concello, aínda que tamén se interesaron por temas persoais, como a data do seu cumpreanos. Os escolares convidaron á rexedora local a visitalos na súa aula, unha invitación que Ferreiro agradeceu e se comprometeu a realizar.

Os nenos e nenas visitaron as oficinas da Policía Local, a Biblioteca e outras dependencias municipais, se ben no salón de plenos puideron ver o vídeo de “Nara de Narón” -http://naradenaron.es/- unha abella que coñece á perfección a cidade e que lles explica cuestións relacionadas co concello. Así mesmo, antes de abandoar a Casa Consistorial os escolares recibiron de mans da alcaldesa un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”.

A rolda de visitas de escolares ao Consistorio continuará o día 27 deste mes, cando está previsto que acudan unha vintena de menores de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia. Estas visitas educativas prográmanse cada ano a través do Servizo Sociocomunitario Municipal.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …