Medio centenar de estudantes tomaron parte no obradoiro de educación emocional organizado polo Concello de Cabanas no piñeiral

Instante do obradoiro de educación emocional – Concello de Cabanas

Medio centenar de alumnos e alumnas de 1º e 3º curso do IES Fraga do Eume tomaron parte esta mañá no obadoiro de educación emocional e empoderamento que organizou o Concello de Cabanas a través da Concellería de Servizos Sociais e en colaboración co centro educativo. O tempo acompañou e o piñeiral da Madalena convertiuse no mellor escenario para a acción.

A iniciativa formaba parte do proxecto Empodera, incluído no Plan Municipal de Acción Social coa Mocidade que impulsa a Concellería de Servizos Sociais.

O obxectivo da actividade é fomentar o empoderamento de mozos e mozas a través do autocoñecemento, a educación emocional e o fomento do bo trato e a convivencia positiva. Para isto, desenvolvéronse dinámicas grupais, ioga e exercicios de relaxación.

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …