Preto de 300 persoas participaron na andaina naronesa do programa municipal «Ponte en ruta con nós»

Un total de 276 persoas participaron na mañá deste domingo na segunda andaina deste ano programada a través do programa municipal «Ponte en ruta con nós» organizado polo concello de Narón. Ás 9.15 horas o colectivo partiu das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara en autobús para desplazarse ata a localidade das Pontes, donde percorreron a Senda da Memoria.

Esta ruta, que discurre polas inmediacións do lago artificial da vila mineira, ten uns nove quilómetros, que os camiñantes recorreron nunhas dúas horas. Ao longo deste traxecto localízanse varios paneis explicativos sobre a flora e fauna da zona e tamén áreas de descanso e un observatorio de aves. A través da Senda da Memoria o Concello pontés dá conta da memoria do pasado preindustrial da mina na que se extraía parte do carbón que consumía a central térmica da localidade.

A vindeira das rutas programadas será o 25 de marzo, nesta ocasión novamente por un tramo localizado na comarca, concretamente cara á Fervenza do Belelle, en Neda. Ás 9.45 horas o punto de encontro dos asistentes será no Pazo de Isabel II, no citado municipio, desde donde iniciarán unha camiñata duns trece quilómetros e cunha dificultade calificada como medio-alta.

As persoas que desexen anotarse deberán facelo a partir do vindeiro 1 de marzo, de luns a xoves de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres entre as 9.00 e as 13.00, cubrindo unha ficha de inscrición nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara e abonando unha cuota de tres euros, para os gastos de desprazamento en autobús ata o punto de inicio da ruta. As prazas son limitadas e non poderán acudir menores que non vaian acompañados por un adulto.

Desde a Concellería de Deportes anímase á veciñanza a anotarse neste programa, donde as prazas se cubren por orde de inscrición e que ofrece a posibilidade de coñecer moitos dos atractivos turísticos tanto de Narón como doutros concellos da comarca.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …