Preto de 90 persoas se sumaron á Ruta da Auga organizada polo Concello de Cabanas

Instante da ruta – Concello de Cabanas

Ata 88 persoas tomaron parte o pasado sábado na Ruta da Auga organizada polo Concello de Cabanas a través da Concellería de Deportes. Nesta liña, o alcalde, Germán Castrillón, valorou moi positivamente a cifra de participación, na que ve unha proba evidente de que o calendario de rutas de sendeirismo que organiza o Concello estase consolidando mes a mes.

O tempo acompañou, e os camiñantes cubriron un fermoso percorrido de case que oito quilómetros dos que a metade transcorren pola beira do río Castro. Así mesmo, no itinerario concéntranse ata 34 muíños catalogados tan só na marxe do Concello de Cabanas.

A próxima ruta celebrarase o último sábado do mes de marzo.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …