Jorge Morado e Carmen Jiménez, os mellores locais nos tests da Federación Española

Carmen Jiménez nunha proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol pode presumir de que Carmen Jiménez acadou a cuarta mellor puntuación de toda España e Jorge Morado entrou no top-20 nacional nas tomas de tempos da Federación Española.

A ferrolá, no seu primeiro ano de cadete, só foi superada polas galegas Elsa Pena e Natalia Castro e a catalá Judit Ibarra. Pola Súa banda, o mugardés conseguiu a 17ª mellor puntuación de toda España, sendo Jorge Morado o cuarto galego con marcas máis rápidas.

Deste xeito, aínda que Morado xa adestre no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, as promesas da Escola Javi Gómez Noya serán agora máis seguidas polos adestradores da Federación Española dentro do seu plan nacional de detección de talentos.

Lea también

El Café Candelas O Parrulo “B” quiere seguir con la buena dinámica ante Deporcyl Guardo

El Café Candelas O Parrulo “B” continúa con su lucha por la permanencia en la …