Brais Canosa e Iván Puentes ao nacional de cross

Iván Puentes durante a proba en Arteixo – Triatlón Ferrol

A Federación Galega de Atletismo ven de publicar os nomes dos atletas que defenderán a selección galega no Campionato de España de campo a través o próximo 11 de marzo en Mérida.

O Clube Atletismo Fene terá a dous dos atletas seleccionados grazas ás súas grandes actuacións no que vai de tempada. Eles son Brais Canosa en categoría senior e Iván Puentes en categoría sub 20 masculino.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …