Revólver cumpre os 25 anos do «Básico I» no Auditorio de Ferrol en xuño

Neste ano 2018, cúmprense 25 anos da saída do disco «Básico I» de REVOLVER. Un disco que sen dúbida marco un antes e un despois tanto na carreira de REVOLVER como nos concertos acústicos “básicos”.

Co gallo desta data e deste disco tan especial, o Auditorio de Ferrol será o escenario elexido para un concerto ben especial de Carlos Goñi dentro do tour “25 ANOS DE BÁSICO ”, cun recital acústico en formato trío liderado por Carlos Goñi coa súa voz e a guitarra xunto a un baixista e un percusionista e algunhas sorpresas que pretende rememorar os éxitos do BÁSICO I e outros temas impresicindibles.

Goñi, que xa actuara na Praza de Armas de Ferrol, repite visita a cidade e bota a vista atrás con nostalxia para ver o camiño percorrido nestes 25 anos. Sen dúbida, unha excelente oportunidade que non deixaremos pasar.

Lembrarvos, que ademais de Carlos Goñi, hai outros dous espectáculos anunciados en datas recentes nos que os promotores do evento alugan o Auditorio. É o caso dos Cantajuegos, «YO TENGO DERECHO A JUGAR – TOUR 2018, o 15 de abril con dous pases as 12:30 e as 17:00 horas.

A última e atractiva proposta en sumarse e ‘Rumba’ de Mayumamá, con catro pases en tres días, do 20 ao 22 de abril.

Lea también

Neda premia un año más a los mejores lectores de la biblioteca municipal

La Biblioteca municipal de Neda ha celebrado el Día Internacional del Libro distinguiendo, como viene siendo …