Visita Cabanas o presidente da Federación Galega de Piragüismo

Foto de familia da visita – Concello de Cabanas

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, recibiu onte pola mañá na casa consistorial ó presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, para manter un encontro no que tamén participaron membros do equipo de goberno e representantes do Club Cabanas KDM, co seu presidente á cabeza, Gumersindo López.

Alfredo Bea trasladouse ó municipio para visitar as instalacións do club e coñecer de primeira man as súas necesidades e proxectos, aproveitando esta visita para entrevistarse cos representantes municipais, que ratificaron o apoio do Concello ó club e á promoción das actividades náuticas e deportivas en Cabanas.

Lea también

Iván Puentes, a por el campeonato gallego de duatlón

Siete duatletas del Triatlón Ferrol disputarán este sábado el campeonato Xunta de Galicia con Iván …