Alumnos del CEIP A Gándara visitaron o Concello de Narón

Un grupo de vinte e cinco nenas e nenos do CEIP A Gándara visitou na mañá deste martes o Concello de Narón. Os menores, de quinto curso de Primaria, participaron no programa de visitas guiadas impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal para dar a coñecer aos escolares algunhas dependencias municipais, así como unha parte do funcionamento da administración local. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ao grupo de rapazas e rapaces no salón de plenos, donde lle formularon varias preguntas.

Os menores viron tamén no salón de plenos o vídeo Nara de Narón, donde unha abella chamada Nara vai realizando un percorrido pola cidade, da que procede o seu nome. Antes de comezar a preguntarlle á alcaldesa pola súa experiencia, leron unha biografía súa que prepararan previamente no colexio para, a continuación, interesarse por temas da administración local e outros como a folga do vindeiro 8 de Marzo, e incluso para plantexarlle unha serie de suxerencias das que tomou nota a rexedora local. Os menores recibiron como agasallo unha gorra e un bolígrafo do Concello.

A vindeira visita do programa terá lugar o vindeiro martes, 13 de marzo, cando está previsto que acuda ao Concello outro grupo de vinte e cinco nenas e nenos de quinto curso de educación Primaria do colexio da Gándara.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …