O Baloncesto Narón quere saír da zona baixa da táboa

Este domingo, día 11, o Baloncesto Narón recibe a partir das 17,00 horas no pavillón municipal da Gándara, ao Innova Chef de Zamora, nun partido correspondente á vixésimo cuarta xornada de competición no grupo AB de Liga EBA.

Os locais precisan dunha vitoria para saír da zona baixa e para conseguilo teñen que superar a un equipo que ten tres triunfos máis. No partido de ida, os de Miguel Maseda perderon en Zamora.

O técnico ferrolán do Baloncesto Narón ten dispoñibles todos os xogadores da primeira plantilla.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …