Inaugurada no pazo da cultura de Narón a exposición fotográfica “O que o ollo sente”, de Manuel Patinha

A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, a edil de Educación, María del Carmen Espada, e outros membros da corporación participaron ás seis da tarde deste luns no Pazo da Cultura, na inauguración da exposición “O que o ollo sente”.

A mostra, impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación Sociocultural ASCM, consta dun total de dezanove imaxes do artista luso Manuel Patinha e aborda a temática da muller e a discapacidade. Ao acto acudiron tamén representantes da ASCM, entre eles a súa presidenta, Paula Gárate, e o presidente de honra, Ángel Gárate, así como o autor das imaxes, Manuel Patinha.

As fotografías poderán verse ata o vindeiro 26 de marzo no Pazo e con esta mostra o artista luso aposta por amosar a realidade de persoas con diversidade funcional e sensibilizar á poboación sobre a discapacidade, facendo reflexionar sobre esta temática ás persoas que vexan as imaxes. Nesa liña se incide desde a organización, que aposta precisamente por visibilizar a discapacidade e loitar contra os estereotipos co fin de acadar a plena inclusión das persoas con diversidade funcional.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …