Mugardos acolle este sábado a II Milla Nocturna

O paseo marítimo acollerá este sábado a II Milla Nocturna Concello de Mugardos, unha proba aberta a todas as idades nas categorías feminina e masculina. A organización ten previstos os diferentes circuítos, pola calzada empedrada da Avenida do Mar, con distancias que van desde os 150 metros para os prebenxamíns ata os 1.609 metros, a milla, para alevíns en adiante. A web www.carreirasgalegas.com ten recollido xa 70 inscricións e o prazo para apuntarse segue aberto ata mañá.

Ata o de agora o grupo que leva máis inscricións é a milla masculina absoluta, con 16 corredores, seguida de prebenxamíns, con 12 e Sub14 con 11, pero todas as categorías contan con participantes.

A saída e a meta estarán no Parque da Constitución, situado ao final do peirao, e os inscritos deberán retirar os dorsais no Club do Mar, entre as 17.30 horas e media hora antes do inicio da proba. A saída para os participantes máis pequenos será ás 19.30 horas e a partir de ahí daranse as do resto das categorías atá as 20.50, cando comezará a última proba.

A inscrición é gratuíta nas categorías inferiores, ata xuvenil-junior, e a partir dela custa 5 euros. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en todas menos nas de brebenxamíns e Sub-10, nas que todos corredores e corredoras recibirán un detalle. Ao finalizar, todos estarán invitados a un chocolate con doces.

Lea también

O VII Trofeo de Pádel Concello de Cabanas coñece os seus gañadores

Tras intensos días de competición na Área Recreativa e Deportiva da Veiga, a VII edición …