Este venres “Cea da muller” en Sedes, Narón. Homenaxe pública ás tres mulleres do ano

Homenaxe oficial ás mulleres do ano 2018

Un total de cento trinta e cinco mulleres asistirán este venres a tradicional Cea da Muller que se celebrará no restaurante A Grella dos Avós, na parroquia de Sedes. A convocatoria programouse para rendir unha homenaxe pública –posterior á institucional celebrada o pasado día 7 de marzo no Concello- ás tres Mulleres do Ano de Narón 2018: Carmen Fernández Merlán, Rosario Alabau Albors e Mercedes Piñeiro Cabalo, que formaron parte da primeira corporación democrática do Concello de Narón, no ano 1979. Ademáis da alcaldesa, Marián Ferreiro, e da edil de Igualdade, Teresa Sabio, asistirán a esta cea baile, que dará comezo ás 21.30 horas, outras representantes da corporación local, veciñas de Narón e comarca e familiares e amigas das homenaxeadas.

A alcaldesa da cidade e a edil de Igualdade dirixirán unhas palabras ás tres exconcelleiras ao inicio do acto, cedéndolles a continuación a palabra. Unha vez rematadas as intervencións comezará a cea e no momento do café as representantes do goberno local entregarán a tódalas asistentes á cita un agasallo a modo de recordo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

A programación deseñada polo Concello con motivo desa efeméride iniciouse o pasado día 1 de marzo, coa apertura da Mostra de Hildegart na Biblioteca municipal, e que se poderá visitar ata esta mesma tarde. O día 2 tivo lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros unha Mesa redonda, Coidando a coidadora, e o pasado 7 foi a homenaxe institucional no Concello ás Mulleres do Ano de Narón 2018. Así mesmo, desde o pasado día 9 e ata este sábado, día 17, desenvólvese no Pazo o Festival Singular en Femino, con catro monólogos escritos e protagonizados por mulleres.

Lea también

El GM del PP de Narón califica el proyecto de los presupuestos como un “rotundo fiasco”

Tras la presentación de los presupuestos para el actual ejercicio de 2018 por parte de …