Este domingo en Sedes rematan os actos de conmemoración do centenario da Revolta das Pedradas

Monumento en Sedes en recuerdo de la «Revolta»

O local social de Sedes e o campo da feira da citada parroquia acollerán este domingo, día 18, un novo acto organizado polo Concello e a Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918 para conmemorar o Centenario da Revolta das Pedradas.

A convocatoria dá continuidade á programación que, con motivo desta efeméride, se iniciaba o pasado día 13 cunha homenaxe ás mulleres loitadoras e ás vítimas desta Revolta, instalando unha escultura no recinto feiral do Trece, donde unha carga policial contra a veciñanza se saldou na época con cinco persoas falecidas e varios feridos. D

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a representante do Concello na Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918, Teresa Sabio, acudirán á convocatoria, xunto con outros edís da corporación local e representantes da citada Comisión, entre eles integrantes da AVV Rosa dos Ventos, de Sedes.

A programación do domingo comezará ás 11.00 horas no local social de Sedes, donde terá lugar unha charla coloquio na que abordarán esta parte da historia de Narón e comarca a profesora Ana Pérez, o exdeputado nacionalista Francisco Rodríguez, o historiador Joám Lopez e a presidenta da Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918, Lidia Romero. A continuación, sobre as 13.00 horas dará comezo un recital poético a cargo do colectivo poético Moraima e ao remate do mesmo terá lugar un xantar popular no restaurante A Trasanquesa, en Sedes.

Os actos continuarán pola tarde, a partir das 16.30 horas, cun Taller de memoria no local social de Sedes, e a partir das 17.30 o campo da feira da citada parroquia acollerá unha actuación musical a cargo do musicólogo e político nacionalista Mini Rivas. Será precisamente nesta última ubicación donde ás 18.00 horas se leve a cabo unha ofrenda floral no monumento en lembranza da Revolta.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …