“A Pombiña” celebra este domingo o seu patrón

A Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, celebra este domingo, día 18, o seu patrón. O Concello de Narón colabora na organización dos actos previstos, abertos á veciñanza e que se desenvolverán en horario de mañá e tarde nas instalacións da citada entidade.

Ás 12.00 do mediodía terá lugar unha misa solemne na que cantará a Coral de “A Pombiña”. Unha vez que remate comezará a sesión vermú, amenizada este ano por Vanesa Ramil.

Os actos continuarán pola tarde, a partir das 19.00 horas, coa actuación da rondalla Bohemios, de Ferrol.

Lea también

O Concello de Narón destina 106.000 euros a tres obras de mellora de eficiencia enerxética na zona de Xuvia

O Concello de Narón destina unha partida de 82.235 euros á mellora do sistema de …