Celebrados actos de recordo en Sedes, Narón, dá Revolta Popular de Marzo de 1918

A Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918 conmemorou ao longo de toda a xornada deste domingo, día 18, en Sedes, Narón,  o centenario duns acontecementos que deixarían tras de si unha decena de persoas mortas que hai cen anos protestaban pola carestía da vida e os abusivos impostos de consumos, unha situación límite ás que centos de persoas da bisbarra fixeron fronte rebelándose contra a inxustiza.

Charla-coloquio e recital poético

Unha charla-coloquio a cargo de Lidia Romero, membro da Comisión; Ana Pérez, mestra;  Joám Lopes, historiador, e Francisco Rodríguez, catedrático de Literatura, precedeu ao recital poético do Colectivo Moraima, de Sedes, e a un xantar organizado pola Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes.

Actuación musical e intervencións

Pola tarde, o obradoiro de memoria (no que familiares e veciñas e veciños relataron o que lembraban ou o que lle escoitaron aos seus maiores) deu paso á actuación musical de Xosé Luís Rivas “Mini” e ás intervencións de Lidia Romero, da Comisión, e Manuel Ángel Rico, presidente da AVV de Sedes. Unha ofrenda floral pechou a xornada.

Fai cen anos

O 13 de marzo de 1918 foron asesinadas catro persoas na Feira do Trece e outras tres morrerían nos días posteriores a consecuencia dos disparos da Garda Civil. Outras sete persoas foron feridas tamén de gravidade nunha das vagas represivas máis brutais do primeiro terzo do século XX.

Desde hai un ano, a Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918 vén traballando na recuperación da memoria destes acontecementos, silenciados durante décadas e do que se tiñan constancia a raíz dalgún recorte de hemeroteca e pequenos artigos e traballos que se foron publicando desde mediados da década dos 90. Froito do traballo colectivo da Comisión, integrada por diferentes entidades da comarca, así como por outras persoas que se implicaron tamén a título individual, foi posíbel non só obter máis información sobre o que orixinou aquela traxedia, senón tamén das consecuencias e, por riba de todo, da importancia que tivo para a bisbarra e para o pobo galego.

Nestes meses foron recompilando información e testemuños de familiares que foron represaliados naquela altura, que foron partillando nos diferentes actos que organizou a Comisión  en todas as localidades nas que tiveron lugar os sucesos que hoxe coñecemos como Revolta Popular de Marzo de 1918.

A Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918 sinala que quere agradecer a todas as persoas que participaroneste domingo nos actos a súa implicación, así como ás que ao longo destes meses os arrouparon nas diferentes actividades e os axudaron a obter algo de luz sobre este episodio que queren non volva caer no esquecemento.

Lea también

Un motorista herido en un colisión contra una furgoneta, en Narón

Sobre las once de la mañana de este lunes se registró un accidente de tráfico …