Chema Martínez e Paula Mayobre vencen na 28º Carreira de San Xosé en As Pontes

Podio da San Xosé masculina – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Este domingo 18, nunha mañá moi chuviosa, disputouse na Carballaeira da Fraga a tradicional Carreira de San Xosé pontesa, que xa vai pola súa 28ª edición.

Organizada polo Atletismo Olympo e o Concello pontés, co patrocinio de Matojoma e Eroski Center, disputáronse varias carreiras, dende os máis pequenos, ata os máis maiores, incluida a habitual andaina.

Pero a edición deste ano non se reduciu á carreira en si, xa que o sábado tivo un gran prolegómeno, e os máis pequenos e adultos do Clube Atletismo Olympo puideron adestrar con Chema Martínez, quen ademais deu unha charla no local do Lar, nun evento que durou dúas horas.

Cabe recordar que o atleta madrileño fora Campión de Europa de 10.000 metros en Munich 2002, quedando por diante de Dieter Baumann e Jose Ríos, ademáis de subcampión de Europa de Maratón en Barcelona 2010 e tamén de 10.000 metros en Goteborg 2006.

Xa o domingo á mañá se disputaron todas as carreiras, e como non, a absoluta masculina levouna Chema Martínez (Las Rozas), seguido de Jonathan Fernández (Pasa ou Entorna), e Marcelo Vásquez (Ferrol).

Na proba feminina foi a gran Paula Mayobre (Seoane Pampín) a gañadora, seguida da non menos grande Melina Alonso (Fene), e terceira quedou Zelin Spencer (Vilalba).

Nos Veteranos o vencedor foi Jose Rey (Paula Mayobre), seguido do local Manuel López e Xesús López (Pasa ou entorna). A gañadora feminina foi Silvia Sánachez (Coruña). Destacar que nunha proba tan dura chegaron á meta incluso participantes de ata 78 anos.

Na competición xuvenil gañou Aldo Rey (Cabanas), seguido de Azziz Saidi e Samuel Dopico, ambos do Ría Ferrol. O podio feminino foi netamente local con Cristina Souto, Laura Bellas e María Prieto.

Na proba cadete tamén coparon o podio masculino os atletas locais, con Hugo Blanco, Antón García e Mario Torrente, mentres que nas rapazas gañou Ana Vallines (Lourenzá), acompañada polas locatarias Celia Durán e Irene García.

Na proba alevín houbo outro pleno pontés e do Olympo con Destaw Pellón, Mateo Núñez e Antonio Graña, mentres que nas cativas venceu Alba Pena (Narón), por diante de Irene Paz (Paula Mayobre), e a locataria Laura Vispalia.

Por último, gañou a proba benxamín o pontés Xandre Domínguez, seguido de Pablo Moreda (Cedeira) e Leandro Lopes (Vilalba). Noa Ardao (Narón) foi a gañadora feminina.

Tamén se deu premio ó 28º clasificado, en homenaxe á idéntica edición da disputa desta proba, que foi para Alberto Chamorro. Curiosamente non se puido outorgar este premio na categoría feminina dado que participaron 27 mulleres. O equipo con máis participantes foi o do Barqueiro, con 18 integrantes.

Sorteouse unha camisola e un libro asinados por Chema Martínez, e tamén se recadaron preto de mil euros, para a Asociación Ve La Luz, contra o maltrato infantil e á muller.

No evento amenizado por Xalo Maira, entregaron as diversas medallas, os concelleiros Chicho Tembrás e Isa Fornos, a presidenta do Olympo, Susana Castro, e o propio Chema Martínez.

Podio da San Xosé feminina – Xosé Ferreiro

Lea también

La AD Judo Ferrolterra participará en la Copa de Europa de Portugal en Coimbra

Este fin de semana se celebra en la ciudad portuguesa de Coimbra la edición 2019 …