Nova cita internacional para as mulleres do Triatlón Ferrol na Copa de Europa de Quarteira

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

Segunda semana consecutiva de competición internacional para Inés Santiago, Carmen Gómez e Ana Carvajal ao disputar este sábado a Copa de Europa de Quarteira.

As deportistas do Triatlón Ferrol enfrontaranse a rivais do talle da local Melanie Santos, favorita na casa despois de acabar de ser quinta nas Series Mundias de Abu Dhabi.

Inés Santiago será de novo a referente departamental, actual 95º mellor triatleta do mundo despois de escalar unha posición na clasificación coa súa 17ª praza da Copa de Europa de Gran Canaria.

A Copa de Europa de Quarteira celebrarase este sábado desde as 13,45 horas –horario portugués- en distancia olímpica de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …