A Mocidade coa Língua, 26 anos de festival musical, no Auditorio de Ferrol

Álvaro Montes e Xil López en rolda de prensa – Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, voltan a unir forzas, un ano mais, para desenvolver a unha nova edición do festival musical “A mocidade coa lingua 2018”, no ano no que a coordinadora vai celebrar o seu 26 cumpreanos.

Esta nova cita cun festival mítico, foi presentada este mediodía en rolda de prensa polo concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, e o representante da Coordinadora, Xil López Sánchez. Será o xoves, 5 de abril, a partires das 10:30 horas no Auditorio de Ferrol e participan preto de 800 rapazas e rapaces dunha ducia de centros educativos da nosa comarca completando, practicamente, o aforo do recinto.

Esta nova edición do XXVI Festival A mocidade coa lingua, sube ao escenario a sete grupos escolares de música en galego de outros tantos centros da comarca (IES, CPR e CPI), para todos os estilos, nunha festa da lingua que ten como plato forte a un grupo ben coñecido, como A banda da Loba, liderado por Xiana Lastra e que daba os seus primeiros pasos neste festival anos atrás e que acaba de ser recoñecido o seu primeiro álbum, Bailando as Rúas, como o mellor do ano nos premios Ari(T)mar da música galego portuguesa.

Neste 2018, coa Banda da Loba, soben a escenario outros 35 músicos en 8 actuacións en dúas horas de festival. O primeiro en subir ao escenario será o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, de Narón, seguidos de Irene Beceiro e Manolo Dopico, do IES Concepción Arenal. En terceiro lugar, Arredemo, do IES de Fene, Raptios, do CPI de Atios (Valdoviño), cunha proposta de rap en galego, o Carvalho Quartet, do IES Carvalho Calero, seguidos de Pay FUNk-Ta, do CPR Tirso e no peche, Indianos, está formado por alumnos do IES Fernando Esquío, de Neda.

Lea también

María Canosa comparte no PAI de Valdoviño a súa obra “Unha fábrica de bicos”

Convidada polo Concello de Valdoviño, a escritora María Canosa visitou o luns a Aula da …