Unha vintena de rapazas e rapaces de Narón participan no programa municipal ConciliaEscola Semana Santa

Unha vintena de nenas e nenos de Narón participan no programa ConciliaEscola Semana Santa, que comezou este luns e continúa estes martes e mércores , e o vindeiro luns día 2 de abril no CRA de Domirón. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, visitou na mañá deste martes aos participantes desta edición, rapazas e rapaces de entre 4 e 12 anos.

Os menores realizan ao longo da mañá, entre as 7.30 e as 14.00 horas, en función do horario elixido, numerosas actividades, con algúns descansos para almorzar e tomar un aperitivo a media mañá. Estes días ultiman uns ovos de Pascua elaborados con globos, papel e cola que están a piques de decorar e tamén adican parte do tempo a xogar no patio cuberto, preparar coreografías…Na mañá deste martes  tiveron a ocasión de celebrar o cumpreanos de Isabel, unha das nenas que participa no programa.

A edil de Igualdade aproveitou a súa visita para conversar cos rapaces e rapazas, xogar un pouco ao fútbol cun grupo deles e incluso participar no cumpreanos da homenaxeada, que repartiu tarta entre as súas compañeiras e compañeiros. “Esta actividade é unha magnífica oportunidade para axudar ás familias á hora de conciliar a súa vida laboral e persoal nestes días nos que os seus fillos e fillas non teñen escola”, asegurou Sabio. A concelleira naronesa garantiu a continuidade deste programa na cidade “que ano tras ano ten un gran éxito de acollida entre as naronesas e os naroneses”.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …

Un comentario

  1. Carlos Meizoso

    ¿Y los que ya no están en la guarde pero cumplen los años en este año por lo que aun no tienen 4? Gracias por dejarnoslos en casa en estas fechas tan entrañables… un ayuntamiento más preocupado de vender motos que de ayudarnos. Gracias por nada.