Ferrol realizará un homenaxe a Ricardo Carvalho Calero con palestras e música

Presentación da homenaxe a Ricardo Carvalho Calero – Concello de Ferrol

Nova iniciativa do Concello de Ferrol para reinvindicar a figura de Ricardo Carvalho Calero cunha homenaxe de palestras e música que terá lugar dente o 5 de abril ate o 18 de maio, presentada polo concelleiro de Normalización Lingüística Álvaro Montes, acompañado da comisión de traballo que reinvindica a figura e o legado de Carvalho Calero, da que forman parte Bernardo Maiz, Xosé María Dobarro, Manolo Pazo e Vítor Santalha, ausente este último por cuestións de axenda.

Álvaro Montes recordaba que o pleno de Ferrol aprobara “unha moción por unanimidade para que o próximo homenaxeado nas Letras Galegas sexa Ricardo Carvalho Calero”, citando a toda a cidadanía a primeira palestra que terá lugar mañá, xoves 5 de abril, ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán co título “Carvalho; o profesor e o lingüista”, de parte de Xosé María Dobarro e Aurora Marco.

Ricardo é admirado pola súa ética e polo seu traballo. Con estos actos pretendemos cubrir varias das súas facetas”, afirmaba Bernardo Maiz.

A estas palabras uníase Xosé María Dobarro ademáis de respetar “as decisións da Academía, xa que é unha institución privada, pero fan o que lles da a gana”, sendo este programa “algo que fai correctamente o Concello de Ferrol, para recordar que hai unha figura galega de recoñecemento, polo que isto non é un capricho localista.”

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …