Melina Alonso e a canteira abandeiran o equipo do Triatlón Ferrol no nacional de dúatlon en Avilés

Melina Alonso nunha competición – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol acude ao campionato de España de dúatlon con Melina Alonso como referente e á prometedora canteira da Escola Javi Gómez Noya engrosando a expedición a Avilés de 22 deportistas en total.

A ferrolá será a única representante do club en elite despois de conseguir a praza no clasificatorio de Berlanga de Duero porque a planificación de Camila Alonso non incluía inicialmente o campionato de España de Avilés e está agora mesmo en lista de espera para poder correr en elite. Polo tanto, o máis probable é que a menor das Alonso corra finalmente a proba do seu grupo de idade se non se move a lista.

Nas probas de base, viaxan con ganas de comerse o mundo os junior Iván Puentes e Juan Rejas, despois da exhibición que deron xunto as irmás Alonso conseguindo ser cuartos entre a elite de Primeira no campionato de España de relevos mixtos. Ademais, competirán en Avilés Miguel Benavent e Iker Pita, dado que Emma Romeo volve ser baixa por lesión.

En categoría cadete, Jorge Morado e Carmen Jiménez serán os máximos exponentes da Escola Javi Gómez Noya, xunto a , David Campos, Álvaro Ordiales, Hugo Prida y Manuel Romero.

Puntos para a liga de Segunda

O Triatlón Ferrol masculino, agora mesmo sexto na Liga de Segunda División, non poderá contar cos puntos das súas principais bazas porque compiten aínda en categorías menores así que sumará os puntos dos homes que compitan en grupos de idade esprinte, que son Pablo Pedrosa e Carlos Cándano – de 20 a 24 anos-, Ricardo Fernández -25-29-, Roberto Martínez -35-39-, David García e David Arias -40-44- e Manu Pita -50-54-.

A maiores, participarán en Avilés en distancia curta Tere Barreira -40-44-, Juanchi González -45-49- y Jose Ferraces -50-54-.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …