Oito escolas de danza bailan xuntas no Día Internacional da Danza

Presentación do Día Internacional da Danza – Concello de Ferrol

O Auditorio de Ferrol acollerá o domingo 29 de abril, as 18:30 unha gran gala na que se implican todas as escolas, estudios e centros de danza da cidade para festexar, como merece, o Día Internacional da Danza.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, daba hoxe a coñecer os detalles dos actos organizados desde o Concello de Ferrol co gallo desta data sinalada para as unha das grandes artes nunha rolda de prensa nas dependencias municipais na que estivo acompañado polo representantes das escolas i estudios que se suman a esta iniciativa.

Neste Día da Danza 2018 en Ferrol, participarán 8 centros da cidade, desde a unidade de acción para sumar forzas i esforzos a prol da danza e para o desfrute colectivo.

Cómpre destacar que Ferrol é, con diferencia, a cidade de Galicia que conta cun maior número de escolas e centros para nenos e nenas que se adican a danza, cun entramado do que forman unhas 700 persoas, e que nos permite gozar dunha canteira moi importante para esta actividade fundamental no campo cultura do noso municipio”, salientaba hoxe o concelleiro.

Nos últimos anos vimos facendo unha actividade, para nós moi querida, na que se implican e participan as distintas escolas nunha acción colectiva e que será o acto central do día Internacional da Danza e que centramos no domingo 29 de abril”, manifestou Basterrechea.

A maiores, e para ir quencendo motores, o Concello ten previsto adicar un domingo ao cine de danza no Teatro Jofre cunha dobre sesión, a primeira cunha proxección ‘Ballerina’, enfocada a xente miúda e unha segunda, ‘El último bailarín de Mao’, mais pensada para o público adulto.

Todo é, por suposto, de balde e unicamente cómpre retirar antes os convites na billeteira do teatro Jofre no horario habitual e nas datas que vos indicamos.

Por último, o concelleiro avanzaba hoxe que no mes de outubro retomaranse as accións coa danza como protagonista na cidade cunhas masterclass que se darán a coñecer no vindeiro outono para que, dun xeito aberto, todos poidan participar desta arte nas rúas e que, por motivos administrativos non se puido levar a cabo co gallo desta data.

Expresar o agradecemento do Concello polo traballo feito desde a base, e as facilidades para o espectáculo do día 29 de abril. De seguro, será unha gala variada, fermosa e participada por todas as escolas de Ferrol”, rematou.

Lea también

La Diputación promueve la publicación de un libro hasta ahora inédito de Xohana Torres sobre San Andrés de Teixido

En 1972 la escritora Xohana Torres ganó el Premio de Etnografía Federico Maciñeira de la …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *