Os orzamentos 2018 do concello de Narón sairon adiante pese á enmenda á totalidade do PP

O tripartito naronés e EU aprobaron na mañá deste xoves inicialmente no pleno extraordinario, que comezou ás 12.00 horas, os orzamentos do Concello deste ano, que ascenden a 31,8 millóns de euros. O orzamento permanecerá a exposición pública durante un prazo de quince días, para presentar alegacións, no caso de que se estime oportuno, e antes de sometelo novamente a aprobación plenaria definitiva.

Enmenda a totalidade

Ao inicio do pleno o goberno rexeitou a enmenda á totalidade presentada polo PP. O edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar explicou “o orzamento cumple estritamente coa lei, foi entregado en tempo e forma a tódolos grupos”, mentres que o voceiro popular sinalou “estes orzamentos chegan con moitos meses de retraso, sen embargo a emenda sí chega en forma prazo”, ademáis de reprocharlle á alcaldesa nos seus primeiros orzamentos “nos anos anteriores presentamos un total de 74 emendas, pero estes teñen graves erros estructuráis, polo que só nos queda presentar unha emenda a totalidade”.

Un incremento de dous millóns

No momento de abordar o propio documento Villamar subliñou que se trata “hai un incremento de case dous millóns de euros con respecto ao ano anterior”. Así mesmo, no tocante aos gastos, o edil naronés destacou os relativos ás áreas de Ensino, Bibliotecas, Deportes, Emprego, Mocidade e Atención a persoas dependentes e tamén o feito de que a débeda da administración local é cada vez menor.

¿Incremento ou non dos impostos?

No transcurso do pleno o concelleiro de Xestión Orzamentaria e voceiro popular discutiron ao fio dos impostos. Villamar criticou as “mentiras do PP co tema dos tributos altos, cando este Concello ten aprobadas unhas ordenanzas fiscais que manteñen conxeladas desde hai anos as taxas e impostos e no que se rexistra unha presión fiscal considerablemente inferior por exemplo no IBI á de localidades como A Coruña, Santiago, Arteixo ou Cambre, por citar algúns”, mentres que, pola contra, López Balado destacou “non é mentira o que pagan os veciños que saben perfectamente as subas que sufriron, e o feito de citar 3 o 4 concellos non fai máis que confirmar que estamos entre os máis altos e que eses son a excepción”, recalcando Villamar  que “o que queren os cidadáns é pagar o xusto e dispoñer de bos servizos”.

Investimentos

En canto aos investimentos recollidos neste orzamento, o edil citou no pleno os 550.000 euros reservados a incrementar a rede de saneamento; 300.000 para amaño de pistas no rural e tamén importantes partidas para eficiencia enerxética, mellora de accesibilidade… Subliñou tamén o gasto social, explicando que “para non ser competencia do Concello, senón da Xunta, hai que recordar que se reservan 3,2 millóns de euros para Asistencia social primaria, mentres a Xunta aporta 986.705 euros para Dependencia”. Neste aspecto os populares lles reprocharon “a maioria dese gasto social é aportado pola Xunta, polo que Narón non pode presumir do que outros fan, ademáis de criticar que xa é habitual neste goberno que recollan inversións que logo non se executan”.

Finalmente, antes de proceder á votación deste punto do pleno, Villamar e Ferreiro agradeceron o traballo realizado por tódalas persoas que participaron na elaboración do orzamento e valoraron o respaldo do portavoz de EU ao documento, destacando a súa “oposición constutiva”

Na sesión aprobouse por unanimidade a modificación da Relación de Postos de Traballo e a plantilla orzamentaria para 2018. Neste punto aprobouse a modificación dun posto de oficial fontaneiro e outro de conserxe; incorporáronse modificacións en postos aprobados no 2017-2018 de Director de proxectos europeos; Xefe de Servizo de Intervención e Facenda, Oficial electricista, Xerente de Deportes, Administrativo de Deportes e Xefe do Gabinete de Alcaldía.

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …