A edil de Acción Social de Narón saíu ao paso das declaracións do portavoz do PP

A concelleira de Acción Social, Catalina García, saíu ao paso das declaracións realizadas polo portavoz municipal do PP sobre o programa “Vacaciones en Paz”, de acollida de nenos e nenas saharauis impulsado a través da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. García recordou que o Concello mantén coa citada entidade un convenio de colaboración desde o ano 2005 e explicou que en virtude ao mesmo, a asociación abona os gastos derivados desta iniciativa solidaria. “É máis, o compromiso deste goberno local é tal que este ano no orzamento resérvanse 7.000 euros para a entidade, unha cantidade lixeiramente superior á do 2017, que foi de 5.000 euros”, apuntou.

“O Concello de Narón acolleu hai uns días unha xuntanza con representantes da citada asociación e pais e nais que participan neste programa, donde se lles explicou polo miúdo a situación na que se atopa o orzamento municipal, ao que o PP presentou unha enmenda á totalidade hora e media antes do pleno”, recordou García. A edil subliñou que “en todo momento, e así se acordou tanto cos responsables da asociación como coas familias, se apostou por axilizar os trámites necesarios, tal e como estamos facendo desde o goberno local, para que unha vez que entre en vigor o orzamento se poida realizar o pago correspondente ao citado convenio, que confiamos que sexa en tempo e forma”.

A maiores, tal e como explicou a edil de Acción Social, “desde o Concello estamos colaborando a nivel local e comarcal para que a asociación poida organizar varios actos que lle permitan recadar fondos para facer fronte aos gastos da viaxe en avión, que agora a compañía aérea pide que se abonen por adiantado”.

O Concello de Narón sempre pagou á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui a contía acordada nos diferentes convenios que ano tras ano se estipulou e así o seguirá facendo, comprometéndonos con diferentes causas solidarias non só desta senón doutras moitas entidades que traballan na nosa cidade para axudar a diversos colectivos”, recalcou a concelleira naronesa.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. Ela que saia o paso do que sea ,pero eu sei que están a recaudar os cartos para poder adiantalos ,isto xa e de traca , entonces eu pregunto,e e muy doado de de contestar, vai pagar o concello antes da data limite ?