Este venres, aula aberta de iniciación á muiñeira, na Praza de Galicia, en Narón

fot. archivo

O Padroado da Cultura de Narón programou para este venres un aula aberta de iniciación á muiñeira. Rapazas e rapaces que integran o grupo de baile do Padroado –da categoría de adultos- sairán á rúa coa súa monitora para amosar o traballo que realizan nas clases. A cita, tal e como recordou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, terá lugar na Praza de Galicia a partir das 19.00 horas.

A maiores de poder ver o traballo deste grupo de baile, tal e como explicou a edil naronesa, as persoas que nese momento se atopen na Praza de Galicia poderán integrarse nesta actividade, xa que se lles ofrecerá a oportunidade de aprender os pasos básicos da muiñeira, axudados pola monitora do grupo do Padroado da Cultura.

A concelleira animou ás veciñas e veciños a acudir a esta iniciativa, “coa que apostamos por levar aos espazos públicos de Narón a actividade cultural e, ao tempo, damos a oportunidade á xente de participar e implicarse nunha das propostas do Padroado da Cultura”.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …