Celebrados en Narón os actos conmemorativos do Día Internacional do Pobo Xitano

O Concello de Narón conmemorou na mañá deste venres os actos programados con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Promoción Social Teresa Sabio, e Acción Social, Catalina García, participaron nesta convocatoria, que comezou no salón de plenos, ás 11.30 horas, coa lectura dun texto, por parte de dúas mulleres e dous homes, Rosa Vega, Montserrat Gabarri, Miguel Manzano e Antonio Fernández, no que se reivindicaba a igualdade.

No documento que redactaron e leron os representantes do colectivo xitano recordaron a convocatoria de folga feminista do pasado 8 de marzo, “na que milleiros de mulleres xitanas, paias e migrantes saímos ás rúas para decir “basta” ás agresións, ás violacións, ás exclusións…”. A dificultade de acceso ao mercado laboral ou á vivenda, a formación e a necesaria implicación dos homes xitanos para alcanzar a igualdade real entre homes e mulleres na sociedade foron outros dos temas que abordaron desde o colectivo na lectura que tivo lugar no salón de plenos.

Unha vez remataron, a alcaldesa agradeceulles a súa participación e, de xeito especial, a dos homes que por primeira vez se implicaron activamente nos actos do Día Internacional do Pobo Xitano. Á liña de agradecementos sumáronse tamén Catalina García e Teresa Sabio, que animaron aos representantes do pobo xitano a continuar loitando pola igualdade de xénero e colaborando nos actos de conmemoración desta data.

A continuación os asistentes, acompañados por profesores e representantes do goberno local, desprazáronse ata o Parque fluvial do río Freixeiro. Un ano máis alí tivo lugar a tradicional celebración da Cerimonia do Río, que consistiu en tirar ao cauce do río flores e pétalos. Esta tradición mantense viva ano tras ano na cultura xitana para recordar ás vítimas xitanas da II Guerra Mundial e o éxodo polo mundo deste colectivo.

O Concello organizou a maiores, coa Asociación Acción Familiar (AFA) que traballa co programa de minorías étnicas na localidade, o “II Concurso de relatos curtos” para conmemorar tamén o Día Internacional do Pobo Xitano, do que se entregarán os premios o día 3 de maio na Biblioteca municipal al ás 18.00 horas

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …