O Concello de Ferrol acolleu a presentación da estrea de “Deixaas” de Mercedes Peón

Suso Basterrechea e Mercedes Peón na presentación – Adán Puentes

Un momento ilusionante”, así definía o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea a presentación da estrea de “Deixaas” de Mercedes Peón, que tedrá lugar o 13 de maio no Auditorio de Ferrol.

O concelleiro a definía como “unha das nosas artistas con máis proxección internacional e ten lazos estreitos coa nosa cidade”. Neste proxecto se grabaron imáxes en Navantia “onde a industria naval ten moito que ver neste disco”.

Suso Basterrechea tamén destacaba que Mercedes Peón “é unha artista por enriba do negocio, é inconformista, sempre estivo na primeira liña e sempre estivo en novos espazos sonoros”, polo que estaba orgulloso “que a cidade colabore neste novo traballo”, onde “debemos estar orgullosos nunha estética industrial que está en primeiro plano e Mercedes lle saca moito proveito.

A protagonista, Mercedes Peón estaba “nervosa por varios motivos, por este acollemento da cidade”, onde foi fundamental “o acercamento con Suso Basterrechea” para facer esta metáfora dentro dun portavións australiano en Navantia, onde se tomaron os sons “que se gravaron fai cinco anos que foi o tempo necesario para conseguir ese producto sonoro.

Este é o primeiro traballo de Mercedes Peón “despois dunha longa xira” onde quería “respirar e reciclarme con persoas, movementos sociais e pisar a terra para saber como está o mundo no meu entorno”, ademáis de “interaccionar con lugares, cando chegei a Navantia quedei impactada polo xeito artesanal e pola dificultade da enxeñería.

En Navantia “na prancha fina recollín sons individuais e hai un deles que é moi intenso, como se fora un pasea por un portavións.

Tras esta presentación en Ferrol, Mercedes Peón levará “Deixaas” a lugares como Conde-Duque o incluso ao estranxeiro como en Chipre.

Lea también

La escritora Paula Merlán inaugura el viernes en Ferrol la Feria del Libro

Ferrol inaugura el calendario de Ferias de Galicia este viernes 19 con el pregón de la …