Marián Ferreiro foi proclamada cabeza de lista por Terra Galega de Narón para as eleccións municipais 2019

Este xoves celebrouse na sede de Terra Galega de Narón a Asemblea Xeral da agrupación que culminaba o proceso de primarias para a elección do/a candidato/a a encabezar a lista de Tega nas vindeiras eleccións Municipais.

A única candidatura presentada foi a da actual alcaldesa, Marián Ferreiro, que recibiu a aprobación unánime dos perto de 70 afiliados/as presentes, polo que de xeito inmediato foi proclamada cabeza de lista para as eleccións municipais que terán lugar en maio do próximo ano.

Na quenda de intervencións foron varios os afiliados e afiliadas que mostraron o seu total apoio a Marián Ferreiro, indicando que se trata da persoa mellor preparada para continuar co traballo que este grupo vén desenvolvendo en Narón, conxugando a un tempo renovación e continuidade.

En particular, cómpre destacar as intervencións do anterior alcalde José Manuel Blanco, e do Secretario Xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, que se amosaron convencidos de que con esta elección o partido ten un gran futuro en Narón, a animaron a todos/as presentes a traballar arreo de cara ás vindeiras eleccións municipais para acadar un gran resultado que permita a Narón seguir adiante.

Na súa intervención, a xa candidata Marián Ferreiro agradeceu aos presentes a confianza, asumindo que queda por diante un ano de duro traballo para acadar nas próximas eleccións unha maioría suficiente que permita a Terra Galega sacar adiante os moitos proxectos que ten para Narón.

Tamén tivo palabras de agradecemento para o seu antecesor na alcaldía, de quen dixo que é un auténtico referente para todos e todas as persoas que forman Terra Galega. Por último, agradeceu a todos/as os seus colaboradores/as o seu traballo e implicación, asegurando que conta co mellor equipo para continuar co proxecto que transformou Narón na oitava cidade galega e un referente en calidade de vida.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …

Un comentario

  1. Al que discrepe le mueven de la lista y del partido.