Prata para o Triatlón Ferrol no campionato de España de tríatlon por relevos

As triatletas coa medalla – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol fixo dobrete en Águilas ao lograr este domingo o subcampionato de España de tríatlon por relevos
tras a prata na Copa da Raíña do sábado.

Melina Alonso foi a encargada de abrir a proba pensando en estar en cabeza desde o principio e así o conseguiu a ferrolá. Entregou o testemuño con 15 segundos de vantaxe sobre as perseguidoras.

Na natación, a Morgan Branchoux xa a adiantaría a triatleta do Cidade de Lugo Fluvial pero forzou para non perdela e baixarse a correr xuntas.

Na última posta, Ana Carvajal viu como se escapaba a líder na auga xa que se trataba de Sara Pérez, olímpica en Atenas 2004 en natación, pero non cedeu a segunda praza e cruzou a meta facendo do Triatlón Ferrol subcampión de España.

Deste xeito, o conxunto departamental, despois de dúas xornadas, comeza en segunda posición a Liga de Primeira División na que aspira a repetir podio como as últimas temporadas.

Relevo escolar truncado na T1

O relevo do campionato de España escolar da Escola Javi Gómez Noya viu escapar as medallas na transición porque Jorge Morado comezou a súa posta deixando o equipo terceiro pero un rival chocou con Alejandro Rodríguez ao saír da transición coa bici, iso fixo que despois tivese problemas coa cadea e perdese posicións. Aínda así, o máis novo do relevo ferrolán continuou para que David Campos seguise a remontada para finalizar 19º e cunha experiencia de competición máis para seguir mellorando.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …