Puntos para Inés Santiago cun 45º posto nas Series Mundiais de Yokohama

Camila Alonso e Inés Santiago en Yokohama – Triatlón Ferrol

Inés Santiago conseguiu puntuar nas Series Mundiais de Yokohama ao entrar 45ª en meta.

A canteirá do Triatlón Ferrol rematou satisfeita coa súa natación aínda que é consciente que no primeiro segmento perdeu a oportunidade de meterse nos pelotóns de diante. Aguantou en bici e foi nos 10 km de carreira a pé onde máis sufriu ata rematar penúltima. “É un resultado moi bo, vendo o nivel que había non me podo queixar”, asegurou a triatleta de Canido desde Xapón.

Pola súa banda, Camila Alonso, que chegaba moi xusta despois de caer en bici adestrando na casa hai dúas semanas, retirouse durante o sector ciclista.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …