Santa Icía acolle o acto deseñado polo Concello para o Día das Letras Galegas

Manuel Sendón e Álvaro Montes en rolda de prensa – Concello de Ferrol

Achegase o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, e desde o Concello de Ferrol hoxe presentaron en rolda de prensa o programa dos actos deseñados co gallo desa data desde a Concellería de Participación e Normalización Lingüística no que se rende homenaxe a María Victoria Moreno Márquez.

Este ano, tócalle o turno a AVV de Santa Icía (rúa Calvario, s/n), xa que o acto, tal e como é tradición, faise rotar polas entidades de zona rural.

Así o explicaron hoxe en rolda de prensa o concelleiro, Álvaro Montes, e Manuel Sendón, na representación dos veciños da zona rural.

«É o día das nosas letras e como non podía ser doutro xeito, é un un evento centrado na figura de María Victoria Moreno pero tamén en todos os autores galegos como homenaxe a nosa literatura, coa música de dúas corais do municipio«, subliñaba hoxe o concelleiro.

Os actos comezan o xoves as 17:30 horas, no local veciñal de Santa Icía, cunha lectura da biografía da autora homenaxeada. A nota musical ven da mao de dúas corais locais, ‘Alecrín’ de Brión, e a ‘Santa Uxía de Mandía’.

O peche do acto, corre por conta dunha lectura de poemas de autores galegos musicados a cargo de Alberte e Xoán.

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol acolle a I Xornada de Enfermaría Laboral

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; a presidenta do …