Entregados os premios de Móvete en Narón e Aluguer de bicis

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público do Concello de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, entregou na mañá deste mércores  xunto cos propietarios do restaurante Marcial e do mesón O Pío, e un representante do clube ciclista local Clásico BikeWorks os premios correspondentes ás actividades Móvete en Narón e Aluguer de bicis, enmarcadas no programa da Semana da Mobilidade e Educación Viaria do Concello de Narón.

O edil naronés felicitou aos catro gañadores e agradeceulles a súa participación nestas actividades organizadas desde o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Sánchez Fojo destacou tamén a colaboración de Clásico BikeWorks, que xestionou a aplicación Strava desde a que se participaba nunha das propostas, a dos responsables dos dous establecementos hostaleiros donde serán as comidas ou ceas de tres dos premiados, e a de Bici Ferrolterra, que renovará a tarxeta un ano ao cuarto gañador destas actividades.

Na iniciativa Móvete en Narón premiouse ás persoas que se inscribiron na aplicación Strava (máis de 150) e que a través da mesma rexistraron unha maior distancia camiñando, correndo ou en bicicleta entre os días 7 e 11 deste mes. Un dos requisitos foi que parte dos traxectos se realizasen polo termo municipal naronés. O premio consiste nunha comida ou cea para dúas persoas no restaurante Marcial ou no mesón O Pío –que colaboraron con estes agasallos- e obtivérono Lucía González Rodríguez (modalidade de camiñar, con 98,10 quilómetros); Alberto Prieto Pardo (modalidade de carreira, con 102,3 quilómetros) e Carlos Rodríguez Vidal (en bicicleta, con 452,10 quilómetros).

Así mesmo, o premio de Aluguer de bicis, dirixido a persoas con tarxeta de bicicletas públicas e que utilizasen o servizo en máis ocasións en Narón ou Ferrol tamén entre os días 7 e 11 deste mes, foi para José Antonio Gómez Cobas (con sete usos, que finalmente non puido asistir ao acto), que obterá un ano de balde no citado servizo.

Os premiados, pola súa banda, agradeceron e valoraron esta iniciativa impulsada desde o Concello naronés.
Para o Concello de Narón é un orgullo contar con xente coma vós, que participades neste tipo de actividades, dándolle sentido a un importante traballo que en materia de Seguridade e Educación Viaria estamos realizando desde o goberno local”, subliñou Sánchez Fojo.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …