Copa do Mundo en Astaná para as internacionais do Triatlón Ferrol

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

O frío de Kazajistán será un rival máis na Copa do Mundo de Astaná que disputarán este sábado Inés Santiago e Camila Alonso.

As canteirás do Triatlón Ferrol foron informadas este xoves na reunión técnica de que, dado que a temperatura da auga está en 11,9° e a ambiental chega a estar próxima a valores baixo cero, é altamente probable que teña que eliminarse o segmento de natación por seguridade e así pasar dun tríatlon de 1.500 m a nado, 40 km en bici e 10 km a pé a ter que facer un dúatlon de 5 km correndo, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira novamente.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …