Letras Galegas 2018

Julia Mª Dopico Vale

Acábase de celebrar o pasado 17 de mayo o “Día das Letras Galegas”, unha conmemoración instituida pola “Real Academia Galega” co fin de homenaxear cada ano ás persoas que destacan pola súa creación literaria na nosa lingua, esa que nos albores medievais trovadorescos pronunciaba Martín Códax, Xohán de Cangas ou Mendinho enfiando perlas literarias en forma de cantigas de amor ou de amigo nun tempo de ouro para as nosas letras.

Séculos escuros sucederán ao clamor poético coa lei de “doma do Reino de Galicia” imposta polos Reis de Castela, facendo que o uso da fala se postergara tan só ao ámbito rural e campesino ata que avanzando o século XIX unha muller, a inmensa Rosalía, publica nesta precisa data do 17 de mayo pero de 1862 os seus Cantares Gallegos, prendendo con eles o facho luminoso do Rexurdimento cultural da nosa lingua e da propia personalidade de Galicia e dos galegos.

Non é pois de extrañar que a primeira distinguída no “Día das Letras” fora ela, a insigne Rosalía de Castro, nai deste novo tempo agarimoso. Mais nesta ocasión, outra muller- e con ela somentes catro-foi a elexida para celebrar a honomástica: Mª Victoria Moreno Vázquez, revivíndose a sua lembranza en toda Galicia con moreas de actos de diversa índole nos que se recupera vida e obra da literata enamorada da nosa cultura e da nosa lingua. “Un bolígrafo, una folla de papel en branco e unhos minutos de soidade son mais que suficientes para descubrirnos a nós mesmos e ordenar desde dentro este mundo que tantas veces parécenos incomprensible”. E así é, así acontece o milagro da comunión cos outros a través da folla en branco na que o idioma pinta o que nos mesmos somos. Unha vez mais vivimos intensamente na nosa terra, ben recoñecida coma terra de poetas, a importante celebración que é testemuña viva da nosa propia entidade.

Lea también

Hablando claro

Juan Prado Piñeyro. Abogado. En todos mis artículos siempre me propongo evitar citas eruditas, y …