«A Biblioteca sae ao medio» nos xardíns de Ferrol e na lagoa de Doniños

Suso Basterrechea e Xan Rodríguez na presentación – Concello de Ferrol

En 3, 2, 1 arrancará cunha nova edición de ‘A Biblioteca sae ao medio’, un fermoso programa educativo de visitas guiadas a nosa contorna natural artellado desde o Concello, a través da área de Ensino, coa implicación da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol.

Foi presentado este mediodía en rolda de prensa no Pazo Municipal polo concelleiro de Ensino, Suso Basterrechea, e o delegado da SGHN, Xan Rodríguez Silvar. En total, tal e como expuxeron, son tres as saídas xa programadas para xuño e setembro (2): unha no urbano, coa visita aos Xardíns Históricos de Ferrol, que será o 3 de xuño e unha das grandes novidades deste ano. As outras dúas, efectuaranse en setembro (21 e 28), a lagoa de Doniños, diúrna e nocturna, para ver unha das praias mais fermosas do noso litoral con outro ollar.

O ano pasado, parte das actividades, coincidiron coa Feira do Libro cunha saída urbana polo Cantón de Molíns. Este ano, optouse por reforzar a oferta cunha saída novidosa polos aínda moi descoñecidos xardíns da nosa cidade. Todas as saídas son de balde pero requiren de inscrición previa para formar grupos cun máximo de 25 persoas. Os interesados teñen que anotarse nos teléfonos ou no correo da SGHN: 881931315 · 698141384 · museo@sghn.org

Lea también

Ferrol solicita subvenciones para promocionar el año de Torrente Ballester

La Junta de Gobierno Local de Ferrol aprobó cursar la solicitud de convenio con la Diputación …