O Club de golf Campomar acolle esta fin de semana o “XIII Torneo de golf Cidade de Narón”

Francisco Alarcón e Román Romero en rolda de prensa – Concello de Narón

O Concello de Narón e o Club de Golf Campomar organizan o “XIII Torneo de Golf Cidade de Narón”, que se disputará esta tarde e mañá nas instalacións do clube Campomar, no Val. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o secretario da citada entidade deportiva, Francisco Alarcón, deron a coñecer esta mañá a convocatoria, que reunirá a uns oitenta golfistas de Ferrolterra pero tamén chegados doutros concellos, maioritariamente da Coruña e Miño.

Hoxe ás 16.00 comezarán uns partidos “testemuñais”, tal e como os define a propia organización, nos que se estima a participación dunha vintena de persoas, se ben mañá xogarase durante todo o día. A partir das 9.00 horas do sábado dará comezo a primeira serie, tal e como explicou Alarcón, e ás 14.30 iniciaranse os partidos da tarde. “O sábado contaremos cuns oitenta xogadores de golf, que participarán nas tres categorías nas que se divide este torneo, con premios para os tres mellores hándicaps nas categorías primeira e segunda e outro para o Scratch, que é o gañador do torneo”, indicou. A maiores, tamén se estableceron premios, tal e como apuntou o representante do Club de Golf Campomar, para o mellor Aproach dos foxos 1 e 10 e para o mellor xogador ou xogadora da categoría infantil, que é para menores de 18 anos.

Queremos agradecer o apoio do Concello de Narón para a celebración un ano máis deste torneo de golf, un evento moi consolidado xa dentro e fóra desta comarca”, asegurou Alarcón, que insistiu en que desde o clube “queremos que Narón estea no mapa do golf a nivel autonómico”.

Finalmente, o concelleiro de Deportes, Román Romero, animou ao clube naronés a “continuar na mesma liña que o vides facendo desde a vosa constitución, porque grazas ao equipo de Campomar hoxe en día Narón ten unha importante representación xa neste deporte, que conta tamén con moitos nenos e nenas iniciándose a través da escola do clube”. “Todo o que sexa diversificar e ofrecer ás veciñas e veciños de Narón unha maior oferta na área deportiva contará, na medida das posibilidades, co respaldo do goberno local naronés”, subliñou Romero.

Lea también

Rubén Orzaéz, Premio Hyundai al jugador más regular de O Parrulo Ferrol

O Parrulo Ferrol jugaba el pasado sábado delante de su afición recibiendo al CD Leganés. …