A Escola Javi Gómez Noya cólgase 12 medallas no Tríatlon de Menores de Cedeira

Triatletas da Escola – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya atesourou 12 medallas no Tríatlon de Menores de Cedeira.

A nivel individual, subíronse ao primeiro caixón do podio a alevín María Filgueiras e o infantil Alejandro Rodríguez, colgáronse a prata a benxamín Noa Souto, a alevín Lucía Piñón, a infantil Sabela Caneiro e, con caída en bici incluída, a cadete Carmen Jiménez, e David Campos foi terceiro na proba cadete.

Por equipos, os alevíns gañaron con Hugo Goiriz como referente do grupo e as alevíns tamén foron as mellores ao contar con dúas medallistas, os e as infantís colgáronse a prata e os cadetes foron terceiros.

A próxima cita para a base do Triatlón Ferrol será o campionato galego en Curuxeiras.

Lea también

A marcha galega no cumio mundial

A marcha galega escribía esta fin de semana durante a disputa do Campionato do Mundo por …