Cabanas acolle este sábado a segunda edición do seu Torneo de Judo

Entrega de trofeos en Cabanas na anterior edición – AD Judo Ferrolterra

O pavillón de San Martiño do Porto albergará este sábado, 2 de xuño, a segunda edición do Torneo de Judo Concello de Cabanas. Con entrada libre e de balde, dará comezo ás 10 horas. Será cando se dispute o torneo sub 13 –para nados nos anos 2006 e 2007-; sub 11 –para aqueles dos anos 2008 e 2009- e sub 9 –anos 2010 e 2011-. A continuación, o programa inclúe un adestramento a modo de exhibición dos nenos e nenas que tomaron parte nas clases de judo do Concello de Cabanas. A cita, organizada pola Concellería de Deportes e o clube AD Judo Ferrolterra, reedítase tralo éxito de participación da anterior convocatoria.

De feito, este ano amplíanse os equipos participantes. Serán estes: EM Cabanas, AD Judo Ferrolterra, EM Pontedeume, AM Fene, Castro-Baxoi Miño, Jorge Juan (Narón), Grupo Bazán de Ferrol e Mercedarias de Ferrol.

A entrega de trofeos está prevista sobre as 12,45 horas.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …