Ao carón de regos e muiños que as altas murallas impiden ver

O outro día achegámonos ata Esmelle para facer a ruta «Polos Muiños de Esmelle» É grazas ao traballo e implicación dos veciños da parroquia, para có noso patrimonio e a súa recuperación, que podemos disfrutar desta senda polo beira dos ríos do lugar, na que se inclue 22 muiños e outros bens patrimoniais relacionados coa auga, como fontes e lavadoiros.

Conforman estes bens un conxunto que nos fala dos usos tradicionais da auga e da súa importancia para a vida das persoas. Isto último parécenos moi importante no contexto actual, no que o cambio climático e a degradación do medio natural preséntanse como uns dos maiores desafíos a afrontar por aquelas sociedades que persigan construír un futuro de calidade.

Así pois, paseando nun caluroso día xunto o río, ao abeiro da sombra dos castiñeiros e abruñeiros (probade a facelo baixo eucaliptos), ou vendo os múltiples aproveitamentos das augas dun mesmo rego, agora para a moenda, agora para o lavado da roupa ou ben para o consumo das persoas e dos animais; pódense fomentar valores como o respeto pola natureza e o consumo responsábel.

Tamén resulta exemplar o labor acometido polos veciños de Esmelle. Nun momento no que asociacionismo veciñal semella estar en horas baixas e no que apatía social parece ser un valor, que estás persoas opten por xuntarse para recuperar un anaco do seu pasado é moi importante. Tal é o seu mérito que teñen creado o que na actualidade é o roteiro máis atractivo no eido do patrimonio etnográfico e histórico do concello de Ferrol. Neste punto pensaredes que toleamos, algún terase xa indignado: Como poden dicir isto tendo a Magdalena, S. Felipe, ou o Arsenal!! Pero pensemos: Que conxunto atópase nun bo estado de conservación e de posta en valor, nunha contorna agradábel e sen restricións de acceso? 

Sabemos dos investimentos que se teñen feito para recuperar o castelo de S.Felipe, pero aínda é moito o que nel queda por facer para dignificalo; así coma a necesidade de revisar o discurso histórico que se lle ofrece ao visitante. Falamos de dar a coñecer aquelas funcións máis noxentas do castelo, pero tamén de mostralo como parte dun conxunto e non coma unha illa. Como do primeiro aspecto xa temos falado nun artigo previo non vou a extenderme máis (https://galiciaartabra.es/archivos/172536) Respecto ao segundo aspecto asinalar que temos a sensación de que non se lle está mostrar ao visitante o castelo como parte dun complexo de fortificacións da ría, coa excepción do tour en barco pola ría. E pode que sexa o mellor, dado que se a posta en valor de S. Felipe é deficiente, a destes non é mellor (a excepción do trasladado castelo de Viñas) Así pois, aínda de que existe unha pista en bastante bo estado que conecta S. Felipe con algunha destas outras fortificacións, e das excepcionais vistas, só estragadas polos eucaliptos que nolas restrinxen e pola pegada do «progreso» nesta ría, aínda con estes puntos a favor, o percorrido polas fortificacións vese afectado pola falta de mantemento dos bens patrimoniais.

A vexetación invade S. Carlos, S. Cristobal, e o Trincherón de Cariño, dificultando ou imposibilitando a visita aos mesmos, e no caso de Cariño ocultando os únicos paneis informativos que o visitante vai atopar en todo o percorrido.

Tanto semellante ocorre coa Madalena, a pesar de contar coas características vivendas de galerías e con algúns interesantes exemplos de modernismo, as décadas de crecemento urbánistico incontrolado ten afectado a este barrio histórico. Ben polas novas construccións que rompen coa estética do conxunto ou as reformas agresivas, especialmente no caso dos baixos comerciais. A isto xúntase unha contorna non habilitada para a realización deste tipo de actividades. Así pois, entre beirarrúas estreitas e coches a pasar, pode resultar en unha experiencia frustante para todos, especialmente no caso de roteiros guiados nos que se congregue un importante número de persoas. En definitiva, trátase de ser conscientes da difícil conxugación entre manter aberto o centro ao tráfico rodado e do desenvolvemento dunha oferta cultural estable na rúa; isto máis aló do que finalmente priorice cada quén.

Probablemente agora, trás todo o que temos argumentado, xa non parezca tan exaxerada a nosa afirmación do comezo. Agora pois comprederase a nosa sorpresa ao corroborar que na páxina web do Concello de Ferrol non se faga referencia a esta senda «Polos muiños de Esmelle». Aproveitamos pois este altofalante para solicitarlle ao Concello que corrixa isto, e que desta maneira, canda menos, mostre o seu respaldo a esta iniciativa veciñal.

Non queremos deixar de mencionar algúns dos moi interesantes roteiros que de aquí a un tempo se veñen promovendo dende o concello ou dende outros colectivos. Sendo o caso do roteiro organizado polo concello, sobre «As Irmandades da Fala» ou o «Roteiro Literario» en homenaxe á figura de Carvalho Calero, neste caso organizado dende o Colectivo Moraima. Se ben, polo seu carácter eventual non os temos considerado neste artigo.

Pero ollo! non é o noso obxectivo negar a importancia da pegada da cidade e os arsenais do s.XVIII, nen negarlle o valor da súa obra a Rodolfo Ucha. De feito xa por varios anos vimos organizando un roteiro pola parte exterior da ría, no que, entre outras cosas, amosamos o resto de fortificacións desta banda da ría e denunciamos o seu estado de conservación. Por suposto que a rede de fortificacións da ría de Ferrol é un ben excepcional, e que ter un barrio coma a Madalena, de trazado en cuadrícula, é digno de toda loanza, pero ser mesmo coma a planta do barrio non o é.

Así poís, recoñecer o valor de algo non ten que implicar deixar de ver as súas deficiencias.

Que o Concello de Ferrol non acaba onde empezaba a antiga muralla, ou polo menos xa nón. Que a historia de Ferrol e a súa contorna non acomeza no s.XVIII, nen se reduce a aquelos temas que lle son cercanos a un. Tentar domesticar a historia, que sexa confortable e feita a medida da biografía dun mesmo, ten máis que ver có enxalzamento propio que coa construcción dun espazo de autocrítica e de aprendizaxe, o que quizáis sexa unha das utilidades desta disciplina.

Existe pois un Ferrol rural, que nón está só para encher o espazo que vai dende a urbe ata as praias. Un territorio que históricamente ven cohabitando e interaccionando coa vila. Un Ferrol rural que ten moito que ofrecer, e no que habitan persoas que teñen o dereito de benificarse dos mesmo servizos que os seus semellantes urbáns. Esta última reflexión, inspirada ao carón dos muiños de Esmelle, non só debería ser tomada polos políticos, senón que vai dirixida ao conxunto da cidadanía.

Lea también

Sete anos da presentación de “Los disfraces de la traición”, de Olga Rico

José Fonte Sardiña O día 10 de marzo de 2017, presentabamos na Casa da Cultura …