Voluntarios europeos participarán nun programa de Actividades medioambientais en Narón

Centro Comunitario

Unha trintena de mozas e mozos que participan no programa de voluntariado Erasmus +, procedentes de Croacia, Grecia, Estonia e Rumanía, participarán este martes nun programa de Actividades medioambientais promovido polo Concello e a Asociación Xuvenil Xeración, con sede en Narón. “Protexe a natureza. Protexe o teu futuro” é o lema desta convocatoria, que se desenvolverá na Casa da Mocidade e no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros en horario de mañá e tarde.

As actividades comezarán pola mañá na Casa da Mocidade, na Gándara, donde entre as 11.00 e as 13.45 horas se pintará un mural relacionado coa temática medioambiental e no que ademais dos voluntarios europeos, poden participar todas as persoas que o desexen. Así mesmo, nas mesmas instalacións municipais poderase ver a exposición “- Es +, vivir mejor con menos”, do programa educativo Hogares Verdes (Ceneam), sobre consumo enerxético responsable. A última proposta para a mañá pola mañá é unha xornada de limpeza medioambiental polas inmediacións da Casa da Mocidade e a zona da Gándara, para concienciar sobre a importancia da recollida selectiva.

A partir das 16.00 horas, e ata as 19.45, desenvolveranse as actividades da tarde no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. Alí levaranse a cabo, persoal de Xeración, os voluntarios europeos e usuarias e usuarios do citado centro municipal, unha serie de actividades medioambientais, como a plantación dunha árbore –proposta na que colabora a Asociación Terra Rendible– na zona verde das instalacións, que tamén se limpará. A maiores, programouse un obradoiro interxeracional de confección de malabares e puzles xigantes con material de refugallo e tamén a construción dun pasteurizador solar.
A maiores destas actividades encamiñadas a concienciar ás mozas e mozos en particular e á cidadanía en xeral sobre a importancia de coidar e respectar o medio ambiente, os participantes poderán practicar o inglés nun entorno informal cos voluntarios europeos.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …