O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia a mala situación do Xulgado de Paz de Narón

O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia a mala situación do Xulgado de Paz de Narón. Nun comunicado sinala que 

«Con data 28 de marzo de 2018 a prensa publicou que o concello de Narón dispón para este ano dun remanente de libre disposición de 10,7 millóns de euros​. No pleno mantido nesa data deu conta en pleno de un remanente de libre disposición de 10.704.037 euros – con cargo ao superávit de 4,5 millóns de
euros do ano 2017 e dos case 6,2 millóns de euros de remanente-.

En dúas reunións que mantivemos cos rexedores do Concello, José Manuel Blanco e Marian Ferreiro, a información que facilitaron a este sindicato hai máis de un ano era a imposibilidade de dispor do superávit do Concello por normativa legal.

Con data 27 de febreiro de 2018, o ministro de Facenda confirmou que “​os concellos poderán reinvertir el superávit que sexan capaces de xerar​”​:e tal e como se confirmou no pleno do concello de Narón, o remanente de libre disposición de que dispón Narón para este ano 2018 é de 10,7 millóns de euros.

Desde finais do ano 2016 este sindicato, Alternativas na Xustiza-CUT, ven denunciando a situación na que se atopa o Xulgado de Paz de Narón, concello que ten unha poboación de uns 40.000 habitantes. O xulgado está no primeiro andar do antigo edificio do Concello: neste primeiro andar está o Xulgado
de Paz e o Rexistro Civil do Concello. O acceso a este primeiro andar é impracticable para persoas con mobilidade reducida.

As funcionarias que traballan neste xulgado vense obrigadas a baixar á rúa para realizar trámites coma práctica de dilixencias, entrega de notificacións e citacións ou ofrecementos de dereitos e accións, por mor da imposibilidade de acceso ao propio Xulgado.

Xa na primeira reunión, mantida co anterior rexedor, J.M. Blanco, co fin de tratar estas deficiencias, éste comprometérase verbalmente a estudar a situación e a incluir unha partida nos presupostos do ano 2017 para a instalación do ascensor. A día de hoxe, ano e medio despois, a situación de inaccesibilidade do xulgado é a mesma e a vontade por parte do concello de atopar unha solución ao problema é nula.

Nula implicación da actual rexidora

Desde Alternativas na Xustiza-CUT queremos denunciar unha vez máis a situación: a nula implicación por parte da actual rexedora, Marian Ferreiro, de atopar unha solución definitiva a este problema​. Non entendemos cómo un concello como o de Narón, cun presuposto de 31,8 millóns de euros para o ano
2018, é incapaz de dar unha solución final a este problema.

Resulta paradóxico que en declaracións da propia rexedora aos medios de comunicación, ésta avanzara que en canto ao investimento de estes fondos, o seu destino sería para a humanización da cidade, con actuacións en materia de accesibilidade​ entre outros fins.

A imposibilidade de poder ter unha reunión coa rexedora, Marian Ferreiro despois de reiteradas chamadas ao concello para solicitar unha cita, vémonos na obriga de denunciar ante os medios de comunicación a situación do xulgado de Paz de Narón ano e medio despois de denunciar a situación na que se atopa​. Apelamos, como non pode ser de outro xeito, á súa responsabilidade e a que asuma a problemática que supón para moit@s veciñ@s do concello os problemas de accesibilidade.

Lea también

O BNG de Narón insta ao goberno local a facerse cargo da xestión do servizo de madrugadores

O BNG de Narón leva ao pleno de abril unha moción na que insta ao …