O Concello de Narón tratará coa deputación de solventar os problemas polas obras na estrada do Trece

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, ofreceu a “colaboración do Concello” para tratar de solucionar a problemática denunciada por un grupo de veciñas e veciños afectados polas obras da estrada provincial DP-5404, a estrada do Trece. Ferreiro explicou que “desde o goberno local estivemos en contacto cos representantes da administración provincial desde o momento no que tivemos coñecemento da situación”, en referencia á construción dos pasos salvacunetas que é preciso construír para poder acceder ás vivendas localizadas xunto á citada estrada.

Ao igual que xa lles manifestamos recentemente aos veciños nunha xuntanza mantida na parroquia de Sedes, á que tamén acudiron representantes da Deputación, desde o Concello estamos dispostos a colaborar coa administración provincial para tratar de buscar unha solución a esta problemática denunciada polos afectados. En canto saibamos cal é esa solución viable comunicarémoslla aos veciños e veciñas”, recalcou Ferreiro.

A Deputación da Coruña, titular do vial, está executando as obras de mellora e ampliación da estrada do Trece, que enlaza Xuvia con Valdoviño, ao seu paso pola parroquia de Sedes. Unha actuación reclamada desde hai varios anos pola veciñanza da zona e desde o propio goberno local, que valora o investimento a realizar, de 1,2 millóns de euros.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …