Este sábado e o domingo, celebración do Xuviño Gastronómico, no paso marítimo de Xuvia, Narón

O Xuviño Gastronómico arranca este sábado no paseo marítimo de Xuvia, en Narón coa presencia dun centenar de recoñecidas bodegas do país. Tanto na xornada deste sábado como o domingo, entre as 11.00 e as 22.30 horas, as persoas que se acheguen á zona terán a oportunidade de degustar unha gran variedade de caldos de diversas Denominacións de Orixe: Ribeiro, Ribera del Duero, Albariño, Rioja, Ribeira Sacra… Para facelo, terán que adquirir uns tickets que se venderán na zona a un prezo de dous euros, tal e como se recordou desde a organización.

Os adegueiros estarán ubicados en varias carpas que se instalaron na zona do paseo, desde donde ofrecerán aos visitantes algúns dos mellores caldos das bodegas que representan durante toda a fin de semana.

A zona reservada para o Xuviño Gastronómico, ademais das carpas para a degustación de viño contarán cunha de maiores dimensións baixo a que se celebrarán concertos tanto o sábado como o domingo a mediodía e pola noite. A enoloxía e a música compartirán espazo coa gastronomía, xa que tamén se poderá comer baixo a carpa –donde se instalarán mesas e cadeiras- polbo, carne á brasa e boliños preñados, entre outras especialidades que se cociñarán na zona.

Un mercadiño artesán no que se instalarán varios postos de venda de produtos artesáns, da horta, ornamentais… completará a oferta desta nova edición do Xuviño Gastronómico. Non faltará tampouco, tal e como recordaron desde a organización, unha zona infantil con atraccións para as nenas e nenos.

Lea también

¡Choque de alto voltaje esta noche en A Malata! el Racing recibe al Real Oviedo

«Pese a contar con una posición de privilegio y una puntuación elevada, no nos apartamos …