Ferrol rende homenaxe a Pedro Guimarey, escritor e político asasinado no 1936

Cartel da homenaxe – Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol vai render esta tarde unha homenaxe ao escritor, xornalista e político ferrolán Pedro Guimarey Filgueiras (Ferrol 1905-1936), asasinado polos falanxistas en setembro de 1936,

O acto institucional comezará esta tarde, xoves 14, as 19:00 co descubrimento dunha placa na Pazo Municipal (esquina rúa Rubalcava con María), i estará presidido polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.

Pedro Guimarey naceu no número 58 da rúa Rubalcaba e foi asasinado pola súa condición de demócrata republicano o 20 de setembro do 1936. Con reste recoñecemento público, o pobo de Ferrrol honra a memoria das persoas que deixaron a súa vida na defensa da legalidade vixente e da liberdade na Segunda Republica.

Unha hora despois, as 20:00 horas, terá lugar un un acto na súa lembranza no Centro Cívico de Canido, da ASC Muiño do Vento, que ven tempo traballando para que a homenaxe a Pedro Guimarey teña o recoñecemento que merece.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …