Ferrol súmase ao Día Internacional do Ioga con sesións de balde no Parque Raíña Sofía e Canido

O vindeiro xoves 21 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Ioga, e co gallo desta data e para unirnos a esa celebración, desde o Concello de Ferrol, a través da área de Cultura e Festas, abren unha colaboración co Mandala Estudo de Ioga e ACOF para levar o ioga á rúa e para a súa práctica ao aire libre na xornada do sábado 23 en dous escenarios singulares: o parque Raiña Sofía, entre Amboaxe e Ferrol Vello, e o parque Antón Varela de Canido.

Na sesión da mañá, o Parque Reina Sofía será o escenario natural para a práctica desta actividade desde as 10:30, cunha clase de Hatha Ioga para adultos, unha práctica adaptada para calquera participante haxa ou non practicado ioga con anterioridade. As 11:30 será momento de que os máis peques poidan iniciarse nesta práctica xunto aos seus irmáns, nais, pais, avós, curmáns e demais, nunha sesión de Ioga en Familia.

Por último, as 12:30 haberá unha clase de ioga en parella enfocada de novo aos adultos na que os participantes gozarán dunha práctica de ioga en parella, esto é, entre dúas persoas.

As actividades continuarán o sábado pola tarde, cambiando de escenario ate o parque Antón Varela de Canido, a partires das 17:00 horas, cunha clase de Ioga Dinámico para adultos.

Para máis información e inscricións pódese enviar un correo a infomandalaferrol@gmail.com ou chamar ao 616 647 233. Tan só será necesario levar unha esterilla e roupa cómoda e moitas ganas. É de balde.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …