O VII Trofeo de Pádel Concello de Cabanas coñece os seus gañadores

Entrega de trofeos – Concello de Cabanas

Tras intensos días de competición na Área Recreativa e Deportiva da Veiga, a VII edición do Torneo de Pádel do Concello de Cabanas alcanzaba no día de onte as grandes finais. Un torneo no que tomaron parte 41 parellas (13 en feminino, 13 en masculino e 15 en mixto), amosando que se trata xa dunha cita consolidada no calendario deportivo do municipio, onde día a día medra a afección por esta disciplina deportiva.

A parella formada por Nuria Galego Veiga e Juan Mata Caruncho proclamouse vencedora na categoría mixta, María Fraga Dopico e Antía Torre Iglesias na feminina e Juan Mata Caruncho e José Ángel Carballo Feijoo, en masculino.

De seguido, todas as clasificacións:

Cadro principal:

– Campeóns de Mixto: Nuria Galego Veiga / Juan Mata Caruncho
– Subcampeóns de Mixto: Ana Ojea Duarte / Rubén González Fernández
– Campeonas de Feminino: María Fraga Dopico / Antía Torre Iglesias
– Subcampeonas de Feminino: Raquel Cea Díaz / Mónica del Barrio Pena
– Campeóns de Masculino: Juan Mata Caruncho / José Ángel Carballo Feijoo
– Subcampeóns de Masculino: Rubén González Fernández / Abel Quintela Tocino

Cadro Consolación:

– Campeóns de Mixto: Noelia Toledo Díaz / José Lorenzo
– Subcampeóns de Mixto: Mary Anidos López / Fernando Infante Barcón
– Campeonas de Feminino: María Neira Suárez / Rebeca Valiño Regueiro
– Subcampeonas de Feminino: Mary Anidos López / María José López Venancio
– Campeóns de Masculino: Daniel García Montero / Julián López López
– Subcampeóns de Masculino: Juan Lorenzo Rodríguez / Germán Castrillón Permuy

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …