Alumnos do colexio Ponte de Xuvia, de Narón, participaron nunha plantación de árbores

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse na mañá  deste martes ao paseo marítimo de Xuvia para participar nunha plantación dunha docena de árbores. O Concello e a ANPA do colexio Ponte de Xuvia coordinaron esta actividade, na que participaron un centenar de alumnas e alumnos do citado centro educativo.

Os nenos e nenas, de tres aulas de Infantil e dúas de Primaria –de entre 3 e 7 anos- recibiron unha explicación ao inicio da actividade, ás 11.30 horas, sobre o mellor xeito de plantar árbores e tamén das características dos doce exemplares plantados, todos eles metrosideros. Unha vez que lles ofreceron as explicacións oportunas, o profesorado do colexio dividiunos en grupos para iniciar as tarefas de plantación, nas que se aplicaron todos os asistentes ata rematar a tarefa prevista.

Marián Ferreiro agradeceu a implicación da ANPA e do resto da comunidade educativa do colexio Ponte de Xuvia por “apostar por este tipo de actividades formativas de carácter medioambiental, inculcándolles ás nenas e nenos a importancia de coidar e respectar o medio ambiente” e agradeceulles aos menores a súa participación.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …