Carmen Gómez, a pola vitoria no Tríatlon de Pontevedra

Carmen Gómez – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol contará con 15 deportistas en total no Tríatlon Cidade de Pontevedra e con opcións de podio por clubs en categoría feminina e masculina.

Porque Carmen Gómez, despois do seu regreso tras lesión nas dúas últimas xornadas da Liga de Primeira, está a recuperar a forma perdida e ten nivel suficiente para optar ao triunfo en Pontevedra. Con ela, a cadete ferrolá Carmen Jiménez e Laura García loitarán por estar entre os mellores equipos da proba. E por outra banda, unha medalla indiviual sería unha proeza para os canteiráns Marcos Ruiz ou Iván Puentes, tendo en conta que se enfrontarán a internacionais como Luismi Velásquez ou Pablo Dapena, pero si é posible meterse no podio por clubs dado que forman un grupo regular que se completa con David Campos, Miguel Benavent, Jorge Morado, Pablo Pedrosa e Roberto Martínez.

A maiores, todos buscan a clasificación para o campionato galego que se celebrará en Ferrol o 21 de agosto.

O conxunto departamental estará tamén representado por Manu Pita, Pablo Sanjurjo, Ricardo Fernández, Borja Catrufo e Álvaro Ordiales na proba do circuíto galego sen límite de tempo para rematar.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …