A alcaldesa de Narón insta ao PP a respaldar a postura do goberno local e traballar para retomar o diálogo que permita construír a senda peonil e ciclista no Val

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, saíu ao paso das declaracións realizadas polo portavoz do PP sobre a decisión da Xunta de suspender as obras da senda peonil e ciclista proxectada pola Consellería de Infraestruturas na zona do Val, por un tramo das estradas AC-116 e AC-114.

Ferreiro explicou que, polo momento, o Concello non recibiu comunicación oficial da Xunta ao respecto, aínda que si se informou sobre esta intención telefonicamente.

Sobre a postura dos populares, a alcaldesa lamentou o feito de que “o Partido Popular trate de buscar culpables en lugar de apostar por que a Xunta e a veciñanza retomen o diálogo para que non se perda este investimento, que realmente é o fundamental”.

A alcaldesa reiterou a súa confianza “en que sexa unha suspensión temporal e que se retome o diálogo entre as partes, como sempre defendemos desde o goberno local” e aclarou que o Concello tivo coñecemento deste proxecto unha vez que estaba aprobado na Xunta de Galicia. “A partir de ter coñecemento do mesmo o equipo de goberno solicitou que fose tamén o trazado cara á zona de Baltar e, a maiores, ofrecimos a nosa colaboración para levar á zona os servizos de auga e saneamento”, apuntou.

Ferreiro subliñou que desde o goberno local “tal e como fixemos no último pleno, continuaremos defendendo a vía do diálogo entre as partes para que as persoas afectadas que non están dacordo co proxecto e o persoal da Xunta poidan salvar as diferencias que manteñen sobre o actual proxecto”.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …